venres, 12 de decembro de 2014

Unha morea de actividades!!

Durante este primeiro trimestre dende a biblio do cole e normalización, levamos a cabo un montón de actividades: a nosa saída tradicional a Forgoselo, o Samaín, o Magosto, festexamos a semana da tradición oral , fixemos unha pequena homenaxe na entrada do cole aos dereitos dos nenos, mediante o concello de Fene festexamos a ciencia en galego e como cada ano traballamos a semana da discapacidade, este ano coa visita do centro ocupacional ASPANEPS e a súa actividade "Ponte no meu lugar". Todavía queda moito curso e moitas actividades máis que procuraremos reflexar neste blogue para poñervos ao día de todo o que facemos no cole do Ramo. SEMPRE EN GALEGO!!


luns, 22 de setembro de 2014

Xa EsTaMoS dE vOlTa

Rapaces e rapazas do cole do Ramo!!!estamos de volta con máis ganas e máis alegría ca nunca de traballar todos xuntos e facer moooooooooooitas actividades con vos! Estades preparados?? pois moi atentos que despegamos!!!

sábado, 17 de maio de 2014

Ola rapaces e rapazas!!!!! mañá é o día das letras galegas, un día moi importante para a lingua galega e para os autores homenaxeados ano tras ano. No cole, procuramos facer tódolos anos un folleto onde recollamos unha pequena parte da vida do autor ou autora homenaxeada e onde facemos unhas recomendacións literarias en galego para que o pasedes estupendo lendo libros na nosa lingua. Aquí vos deixamos o díptico deste ano!!

venres, 16 de maio de 2014

Nenos e nenas!! pais e nais!! avoas, tíos e mundo en xeral, aquí vos deixamos a os gañadores do concurso de caricaturas do autor homenaxeado polas letras galegas, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO!!poderedes comprobar aos artistazos que temos neste cole!!!. E se queredes ver o resto das caricaturas, podedes pasar pola biblio e alí atoparedes un libriño onde recollemos todos os traballos feitos!! Como veredes os premiados son nenos/as de primaria, posto que en infantil foi moi dificil escoller aos gañadores xa que os debuxos eran todos boísimos, así que optamos por premiar ás tres aulas!!!


DANIELA PÉREZ GÓMEZ 1º EP


BRUNO CENDÁN ANSEDES 4º EP


LUCÍA RODEIRO FILGUEIRAS 5º EP

mércores, 14 de maio de 2014

luns, 12 de maio de 2014

ACTIVIDADES ARDORA

Se picades no seguinte enlace poderedes acceder a actividades Ardora elaboradas pola coordinadora do equipo de biblioteca do colexio CEIP Mestre Valverde Mayo sobre o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.

Grazas por compartir este recurso!!

Actividades ARDORA

mércores, 7 de maio de 2014

A TVG2 ESTREA A SERIE DE ANIMACIÓN COCORICO


Un dos personaxes de conto máis coñecidos polas nenos galegos, o pitiño Cocorico, da o salto á pantalla coa serie do mesmo nome, coproducida pola TVG e OQO filmes, que se empezará a emitir o vindeiro 12 de maio na TVG 2.
Cocorico, Mamá Galiña e Gato Pelado, os personaxes do álbum ilustrado escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch, vivirán aventuras do máis divertido e disparatado con novos amigos, coma o galo Crechas, a ovella Cina ou a tartarura carteira. A serie, con guións de Luís López Alonso, música de Carlos Vázquez e dirixido por Zé Carlos Pinto, consta nesta primeira temporada, de 26 capítulos de 13 minutos.


O UNIVERSO COCORICO

A serie Cocorico, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, narra a vida cotiá dun pitiño rebuldeiro, curioso e, sobre todo, aventureiro. E faino dunha forma divertida, chea de acción, intriga e, sobre todo, sentido do humor, sen esquecer os aspectos didácticos.

Aínda que sempre busca novas aventuras, Cocorico é un pitiño algo asustadizo. No entanto, a súa teimosía convérteo ás veces en temerario, metendo o peteiro onde non debe en máis dunha ocasión e creando situacións de perigo, para as que necesitará sempre a axuda do seu entorno. Así, coñecerá o mundo que o rodea, aprenderá a tomar decisións e enfrontarse ás dificultades que no día a día lle van xurdindo.

Dun modo simbólico, Cocorico será para os pequenos espectadores un modo ameno e divertido de coñecer o mundo, as súas oportunidades e os seus problemas. Cocorico, ademais de entrerer, axudaralles aos cativos a medrar, a usar o enxeño e a imaxinación para superar os conflitos, aprender dos erros e, sobre todo, valorar a amizade.

NOVIDADES 2014

Neste enlace podemos acceder áo catálogo de libros infantís e xuvenís galegos do ano 2014, que se ten presentado na Feira de Boloña.

PARTICIPANTES GALARDOADOS NO IV CERTAME DE MICRORRELATOS

Como sabedes, participamos na categoría A IV edición do Certame de Microrrelatos, creado para fomentar a creatividade e promocionar o uso do galego.

Onte xuntouse o xurado para elixir aos participantes galardoados. 


Logo das oportunas deliberacións, o xurado acordou:

1º premio, categoría A (5º e 6º de primaria)  para o traballo titulado O barco de cor, da autoría de Paula Cutrín Calvo, alumna de 5º de primaria do CEIP Os Casais.

1º premio, categoría B (1º e 2º de ESO)  para o traballo titulado O artista inesperado da autoría de Xiao Calvo Sanjurjo, alumno de 1º de ESO do IES de Fene.

1º premio, categoría C (3º e 4º de ESO)  para o traballo A alarma, da autoría de Noelía Freire Fernández, alumna de 4º de ESO do IES de Fene.


Ao non resultar seleccionado ningún traballo para esta categoría, deixar deserto o 1º premio, categoría D (bacharelato e ciclos formativos).

A pesares de que os nosos microrrelatos estaban moi ben, non houbo sorte.

Parabéns aos gañadores!!

O INSTANTE ETERNO

«O instante eterno é un documental sobre a obra e a vida de Xosé María Díaz Castro, dirixido por Xosé Antón Cascudo. O proxecto botou a andar no ano 2011 co obxectivo de difundir a figura do poeta, de cara á celebración do centenario do seu nacemento en febreiro do 2014. A pesar da súa indiscutible calidade poética, referendada en Nimbos, a obra de Díaz Castro era case descoñecida para o público até o pasado 21 de xuño, cando a Real Academia Galega o designou como o autor ao que se dedicarán as Letras Galegas do 2014. Precisamente o esquecemento deste tesouro e certos enigmas arredor da figura do poeta constituíron o impulso definitivo para a posta en marcha do documental.


 

DOCUMENTAL "NIMBOS DE POESÍA"

Achegámosvos algúns documentais sobre Díaz Castro, o poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.




A LUS DO MUNDO

martes, 6 de maio de 2014

A moi pouquiños días de celebrar o noso día, o día das letras galegas, vos deixamos un informativo moi orixinal, emitido dende o CPI Os Dices de Rois, onde nos contan a vida e obra do poeta, Xosé María Díaz Castro.

venres, 25 de abril de 2014

Con motivo do trixésimo aniversario do Museo do Humor, o Concello de Fene e os EDNL dos centros de Fene, fomos convocados ao IV Concurso de Microrrelatos-Concello de Fene.
As bases do concurso permiten participar ao terceiro ciclo do noso cole onde os nosos  rapaces escribiron un texto narrativo en lingua galega que non sobrepasou as 150 palabras (microrrelato) coa seguinte temática: "O museo do Humor".
O inicio do relato debía de comezar por: Unha noite no Museo.....
O concurso consta de dúas fases , unha interna e outra intercentros. Na fase interna un xurado do propio centro escollimos os dous microrrelatos que máis nos gustaron e na fase intercentos, os traballos seleccionados serán valorados por un xurado composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar participante, un mestre/a e un alumno/a e un representante do concello que ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable. Haberá un agasallo por categoría e o Concello de Fene editará en formato papel e dixital (páxina web do Concello) todos os microrrelatos da fase intercentros. Os premios e presentación dos relatos terán lugar no Museo do Humor.
Vos deixamos os dous relatos elexidos no noso cole, poderedes comprobar os escritores e escritoras tan boas que temos!!!!



Xosé María Díaz Castro, como xa sabedes, é o autor galego homenaxeado este ano no día das letras galegas. A editorial Fabaloba con motivo de dito homenaxe, editou un libro chamado "O neno e a estrela" onde o seu protagonista Xosé María Díaz Castro, axuda a unha estreliña a voltar ao ceo de onde caeu. Aquí volo deixamos...esperamos vos guste. (Clica no link para leelo)

O NENO E A ESTRELA

venres, 11 de abril de 2014

A toupiña que quería saber, quen lle fixera aquilo na cabeza...


Ooolaaaaa!!!!Un dos contos que sabemos que mááááis gusta aos nenos e nenas e o da "toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" da editorial KALANDRAKA..Se non o coñeces, deixamos aquí o enlace para que poidades ver o divertido que é!!!

martes, 8 de abril de 2014


Vos deixamos unha pequena mostras dalgunhas das actividades que levamos a cabo durante o ano no cole....pero temos moitas máis así que seguídenos e veredes o ben que o pasamos!!!

luns, 7 de abril de 2014

COMEZAMOS O CAMIÑO...

Benvidos e benvidas ao blogue de dinamización da lingua galega do CEIP O Ramo. Por medio desta ferramenta, queremos mostrarvos tódalas actividades e traballos que facemos có fin de fomentar o uso da lingua galega, a lingua da nosa terra. Queres ver o que facemos??...pois séguenos!!!!!