venres, 25 de abril de 2014

Con motivo do trixésimo aniversario do Museo do Humor, o Concello de Fene e os EDNL dos centros de Fene, fomos convocados ao IV Concurso de Microrrelatos-Concello de Fene.
As bases do concurso permiten participar ao terceiro ciclo do noso cole onde os nosos  rapaces escribiron un texto narrativo en lingua galega que non sobrepasou as 150 palabras (microrrelato) coa seguinte temática: "O museo do Humor".
O inicio do relato debía de comezar por: Unha noite no Museo.....
O concurso consta de dúas fases , unha interna e outra intercentros. Na fase interna un xurado do propio centro escollimos os dous microrrelatos que máis nos gustaron e na fase intercentos, os traballos seleccionados serán valorados por un xurado composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar participante, un mestre/a e un alumno/a e un representante do concello que ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable. Haberá un agasallo por categoría e o Concello de Fene editará en formato papel e dixital (páxina web do Concello) todos os microrrelatos da fase intercentros. Os premios e presentación dos relatos terán lugar no Museo do Humor.
Vos deixamos os dous relatos elexidos no noso cole, poderedes comprobar os escritores e escritoras tan boas que temos!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario