xoves, 29 de outubro de 2015

Benvidos e benvidas!!!

Sentimos a tardanza en saudaros pero este comezo de curso estivo cheíño de traballo. Agora xa despegamos e todo o equipo de dinamización da lingua galega vos da a benvida. E por se vos perdestes algunha das festas que xa celebramos, vos poñemos ó enlace ao blogue da biblio para que poidades ver todo o que levamos feito!!
BIBLIORAMO

A vindeira festa que celebramos é o Samaín e vos deixamos unhas fotiños de como temos decorado o cole e das pedazo de cabazas que temos na exposición!!! Un biquiño a todos e feliz Samaín!!!!









martes, 30 de xuño de 2015

Feliz verán!!

Rematamos o curso nenos e nenas!! e vos deixamos os recomendados da biblio e normalización de verán!! clicade no enlace e descubrídeos!!! Esperamos que pasedes un verán maravilloso, vémonos o ano que ven, coas pilas ben cargadas e cheos de moitas ideas!! PASADEO ESTUPENDOOO!!!

RECOMENDADOS VERÁN

Rechouchío!!

Vos deixamos o enlace ao blogue da biblio para que vexades o estupenda que quedou a nosa revista dixital "RECHOUCHÍO".

 RECHOUCHÍO


Alfombra floral!!!

Ola rapaces e rapazas, artistazos todos!! queredes ver o resultado da alfombra que fixeron os nenos e nenas do cole?? Pois aquí vos deixamos algunha fotiño!! Este ano homenaxeando a Keith Haring!!


Gañadores Caricaturas Xosé Filgueira Valverde!!

Como xa sabedes levamos a cabo o concurso de caricaturas do autor homenaxeado nas letras galegas 2015, este año os gañadores o fixeron estupendamente!!! No primeiro ciclo Nicolás, no segundo ciclo Dani e no terceiro ciclo Gael! Noraboa a todos eles, a todos os participantes e aos nenos e nenas da educación infantil có seu premio colectivo!!

 Nico 2º EP
Dani 3º EP


Gael 6º EP

martes, 5 de maio de 2015

VESTIDA CO ARCO DA VELLA!!!

Siii amiguiños e amiguiñas, no noso cole non nos falta talento así que os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil representaron "Vestida co arco da vella" de Antón Cortizas pola semana do día do libro. Aquí vos deixamos o video! un aplauso para estes artistazos!!!



mércores, 29 de abril de 2015

XA QUEDA POUCO!!

Non fai falta que vos digamos que dentro de pouquiño celebraremos un día moi importante para a cultura galega, o día das letras galegas. No cole vivimos unha semana moi intensa elaborando o maio, a alfombra floral e preparando un pequeno festival para celebrar o fermosa que é a nosa lingua. Para ir introducíndonos nesta semana tan importante xa puxemos os carteis do autor ao que se adica esta ano as letras galegas : XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Podedes velos no corredor da biblio e así coñecer un pouquiño máis deste escritor.



xoves, 23 de abril de 2015

Día do libro!!

Moi feliz día do libro a todos e todas, xa que a mellor aventura que podes vivir pode estar nas páxinas dun libro, vos deixamos o pequeno teatriño representado por nenas de 5º e 6º dun conto de Antón Cortizas, "Contín Contón" esperamos vos guste, e recordade , lendo , soñamos!


venres, 17 de abril de 2015

Unha fantástica reunión..

Como xa vos dixemos, Antón Cortizas visitounos o pasado mércores 15 de abril para contarnos moitas cousas e facernos pasar un rato fantástico. Grazas Antón! esperamos que volvas prontiño!

martes, 14 de abril de 2015

Unha visita moi especial!!

Mañá mércores 15 de abril, virá de visita ao noso cole Antón Cortizas, maestro e escritor Ferrolán de libros tan divertidos como "Contín Contón" ou "Sopra neste furadiño", estamos todos e todas moi emocionados e estaremos moi atentos ao que nos queira contar. Xa vos relataremos a experiencia!!!


mércores, 18 de marzo de 2015

CONCURSOS CONCELLO DE FENE

Como xa sabedes, cada ano o concello de Fene fainos diferentes proposicións para participar en concursos e actividades para fomentar o uso da lingua galega e explorar as nosas dotes artísticas. Este ano como o anterior participaremos no concurso de microrrelatos os cursos de 5º e 6º da educación primaria e todo o cole no concurso de creación artística que este ano abarcará escritores como: Ramón Cabanillas có seu libro "Vento Mareiro", Ricardo Carvalho Calero e Manuel María.


BASES CONCURSO MICRORRELATOS

BASES CONCURSO CREACIÓN ARTÍSTICA


Xa vos contaremos o resultado!!


venres, 13 de marzo de 2015

E así foi a entrega de cartas!!!!!

O prometido e deuda rapaces e rapazas, así que clicade no enlace de abaixo e accederedes ao xenial video que editaron dende biblioramo coas fotiños da entrega de cartas do agarimo!! Un saudiño , e que teñades bo fin de semana!!


xoves, 12 de marzo de 2015

E con moitísimo agarimo...

Con moitísimo agarimo e gran ledicia, damos as grazas a todos os participantes , nenos, nenas, profes, nais, pais, avos e avoas..a todos os que botaron a súa carta no buzón do agarimo e fixeron chegar mensaxes aos nenos e nenas do cole do Ramo que emocionaron tanto a nenos e nenas como aos profes. Onte repartimos as cartas e foron un montón!!
Pronto vos ensinaremos fotiños deses momentos pero polo momento solo dicirvos que esta primeira experiencia será a primeira de moitas!!
E con moito agarimo a todos vos mandamos un enorme biquiño!!!!

martes, 24 de febreiro de 2015

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA!!

   Hoxe é o día de Rosalía de Castro. Celébrase nesta data por conmemorarse o seu nacemento. Actualmente Rosalía tería 178 anos. Se queredes saber máis sobre ela, sobre esta data e sobre as actividades que se están a realizar por toda galiza, clicade nos links que vos propoñemos a continuación. 


Bibliotecas escolares edu.xunta.es

Asociación de escritoras en lingua galega

http://rosaliadecastro.org/

venres, 20 de febreiro de 2015

SEMANA DO AGARIMO!!

No cole do Ramo estamos celebrando os días do agarimo. Nun buzón situado na entrada do cole, esperamos que os nenos e nenas do cole así como as familias aos nenos e nenas, lles conten por carta o importante que son para eles, o moito que se queren, o maravilloso da súa amizade, o divertido que é ser compañeiros...mediante cartas, telegramas, poemas..e todo o que se lles ocorra pero por suposto en galego..xa que en galego É MÁIS FERMOSO!! Xa vos contaremos o resultado desta bonita iniciativa que parte tanto da biblio como do equipo de normalización do cole. EN GALEGO MOLA MÁIS!!


xoves, 19 de febreiro de 2015

O Entroido!!

Aquí vos deixamos a montaxe fotográfica que publicamos no blogue da biblio do cole para que vexades o xenial que o pasamos o día do Entroido, clicade abaixo e xa veredes!!!. Estábamos tod@s guapísim@s!!!!!!!!!!!!!

BIBLIORAMO O ENTROIDO

Os mandatos do meco!!!!

Sabedes que o noso meco sempre nos fai algunha das súas mandándonos durante á semana do entroido algunha cousiña que levar ao cole. Aquí vos deixamos os mandatos deste ano!!


Chegou o Entrodio!!!

Como xa sabedes no cole do Ramo o Entroido e sinónimo de alegría, diversión e moitas risas. Vos deixamos a foto do meco deste ano, a señorita Bolshoi!!